top of page

CONCERTOS

CAFÉ DADO DADA

COMPOSTELA

27 de xuño

10 DE XULLO

 

TABERNA MARUCA

PORONOVO

A POUSADA DAS ÁNIMAS

   BOIRO

24 DE XULLO

 

26 DE xuño

 

Café Central

Pontevedra

 

TER BOA VOZ, TOCAR BEN A GUITARRA, NON É UN MÉRITO QUE TRASCENDA. SERVIRSE DE ESES DONS PARA CREAR UN SENTIMENTO AUTÉNTICO E COMPARTIR ESTA EMOCIÓN É O FEITO IMPRESCINDIBLE, O CAMIÑO POLO QUE O ARTISTA NOS ABRE UNHA PORTA Á VERDADE DA ALMA. LETRA, MÚSICA, PEL, CORAZÓN, TODA A XENEROSIDADE DO MUNDO, ELA I EL, ELIELA. GRAZAS QUERIDOS.’

 

 Luisa Veira, actriz

 

‘Escoito Eliela e acontéceme como cando descubro nuns ollos as miradas de moitas persoas que amo. Teñen, a música, a voz, as letras, un enorme poder de evocación que me leva como unha barca á deriva dunha emoción a outra. Éme tan familiar a música e tan descoñecida ó mesmo tempo, que me conmove e me pon alerta, atenta a unha nota inesperada, a unha cadencia da voz. Nunca sei onde me van levar porque a viaxe é distinta en cada canción, mesmo cada vez que as escoito pode acontecerme unha emoción inesperada, unha rabuñadura na boca do estómago, unha gran paz ou unhas inesperadas ganas de bailar.’

 

Anxos Sumai, escritora.

‘Unha voz aferrollada á música. Sentimentos descalzos que pisan paisaxes. Doce e forte. Sutil e esgazada. Un anxo punky. Eliela.’

 

María Solar, xornalista da Radio Galega e a Televisión de Galicia.

‘Pra mim a música que fai Eliela e uma mixtúra de balada e blues, con moito apego a-os sentimentos, na que as emoçoês te envolven e te fan tremer...’ 

 

Sapoconcho Galego, cantor e compositor  en Proxecto Sapoconcho

Eliela Binomio de música viva. Resultado da suma dos acordes elegantes, máxicos e complexos da guitarra de Jose Churruca coa expresión do canto exquisito, intelixente e sutil de Maria Costas
Tres palabras que definen o seu fabuloso directo: Swing, Arte e Oficio."


María Armesto. Dramaturga, Directora e Profesora de Canto.

 

bottom of page